Saturday 18 de May de 2024

Continúan as visitas patrimoniais e culturais promovidas polo Museo Valle-Inclán pobrense


O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal continúa inmerso nos itinerarios guiados polo patrimonio cultural da vila. A próxima parada será o pazo do Couto no 3 de agosto, ás 12.00 horas. Establécese o adro da igrexa de Santiago do Deán como punto de encontro e requírese a inscrición previa (de balde) a través dos teléfonos de contacto 981831662 e 681173484 ou do enderezo electrónico museo.valleinclan@apobra.gal.

A maiores, proseguen as visitas comentadas na torre de Bermúdez que se ofrecen cada venres, ás 11.00 e 19.00 horas. Tamén de balde, tan só é preciso anotarse nas canles xa referidas.